miércoles, 23 de septiembre de 2015

REFLEXIÓN SOBRE O ENTORNO PERSONAL DE APRENDIZAJE OU PLE

Ao conxunto de ferramentas ,mecanismos e estratexias que nos permite acceder ás distintas fontes de información denóminase PLE (Entorno Persoal de Aprendizaxe)
Consiste en organizar un aprendizaxe xa sexa individualmente o en grupos,segundo as necesidades propias do individuo , así como a ser conscientes dos métodos e determinar as oportunidades dispoñibles. É un entorno  no que ademáis de aprender utilizamos eficazmente as tecnoloxías.

Un PLE componse das seguintes accións:
  • Consultar/Leer : todas as fontes de información que consultamos.De toda a información que filtramos quedámonos con aquela que nos parece máis interesante e máis útil.
-Reflexionar : das fontes de información consultadas, quedámonos coa que nos parece máis interesante,consultando tamén outras fontes,contrarrestando toda a información.
- Organizar: coa información das distintas fontes  e as reflexións realizadas organizamos a nosa información de maneira que cando queiramos consultar a información sexa  moito máis fácil e máis rápido.
-Publicar/Compartir: despois de reflexionar sobre toda a información da q ue dispoñemos  publicamola  e a compartimos.

O MEU PLE


p.jpg

Os PLE son ferramentas que nos permiten levar as rendas dos nosos propios aprendizaxes.

Como se pode observar o meu PLE e moi sinxelo,a verdade e que  no curso aprendin a manexar máis recursos dos que eu usaba habitualmente xa que os meus medios eran moi básicos: correo electrónico e unha rede social (Faceebock),gracias ao curso xa conto con algún recurso máis como son : Drive,Twitter,Blogger ,considero que no manexo destes recursos ainda me queda moito por aprender para ter un dominio total deles.Penso que podo enriquecer o meu  PLE adquirindo coñecementos relacionados coas ferramentas web,redes sociais,para adquirir información.

Seguramente cando remate o curso coñecerei mais recursos  cos que poida  contar a hora de traballar e que me poidan axudar a interactuar con outras persoas.Recursos que porei en práctica e así ir pouco a pouco aumentando e perfeccionando o meu PLE.


REFLEXIÓN FEEDLY E CAPTURA DE PANTALLA


FEEDLY : é unha ferramenta nova descoñecida para mín ata o momento.Serve para recopilar diferentes fontes que se lle indiquen a través dun lector RSS.É unha ferramenta moi útil para aforrar tempo e ter ordeado todos os contidos que poden ter interés para unha persoa no desempeño do seu traballo.
Pareceme un recurso que nos axuda a ter as nosas fontes de información organizadas nunha única páxina sen necesidade de ir abrindo unha a unha , o que nos permite gañar tempo que podemos utilizar para outras cousas.




20150924_002528.jpg


No hay comentarios:

Publicar un comentario