miércoles, 7 de octubre de 2015

O EMPREGO CON APOIO, por Alexandre Penas



En primeiro lugar agradecer as compañeiras de NOVOS CAMIÑOS  a súa amable invitación a participar no seu blog, así como a Vanesa Fernández Vila, técnica de FEAFES en Lugo, pola conversa que inspirou esta entrada.


Que é o Emprego con Apoio (EcA)

Falase de Emprego con Apoio, como sistema estructurado, desde que a fináis dos anos 70 - en Estados Unidos - diferentes autores demostraron que personas rexeitadas polos centros de traballo -consideradas non aptas para una ocupación competitiva- podían facer traballo se se lles daba o apoio necesario e adaptado ás súas propias necesidades.

A metodoloxía desenvolvida dende aquela supuxo un cambio substancial na concepción dos servicios de atención e/ou rehabilitación das persoas con diversidade funcional.

O emprego con apoio defínese segundo a European Union of Supported Employment (EUSE) como o “sistema de apoios ás persoas con discapacidade ou outros grupos de risco de exclusión social, para que acaden e manteñan un emprego no mercado laboral aberto. O apoio debe darse antes, durante e despois de obter un contrato laboral, incluíndo, ademais os apoios ao empresariado e tendo como punto clave en todo o sistema, a figura do Preparador Laboral”
 


 Obxectivos do EcA 

Tratase dun sistema individualizado, dando a axuda imprescindible, en momentos de xeito continuo en momentos puntual, cara a consecución e mantemento do posto de traballo.
 
Segundo a Asociación Española de Empleo con Apoyo son obxectivos específicos deste programa que as persoas con diversidade funcional

  • Acaden un emprego integrado no mercado ordinario.
  • Realicen un traballo, como medio para a incorporación plena do individuo na comunidade de cara a inclusión social na mesma. 
  • Melloren a súa calidade de vida e a súa independencia. 
  • Promocionen persoal e laboralmente na comunidade e na empresa.

Fases do Emprego con Apoio

  • Preparación para a incorporación ao mercado laboral
  • Búsqueda de traballo personalizado, asegurando a adecuación do mesmo a cada persoa. Nesta fase é importante a correcta difusión do programa, a prospección do mercado laboral, o asesoramento á empresa, a análise de postos de traballo e condicións laborais e a análise de compatibilidade entre candidato e lugar de traballo. 
  • Adaptación e entrenamento no posto de traballo. 
  • Seguemento, avaliación preventiva e anticipadora das necesidades do traballador e da entidade empleadora, así como de detección de situacións conflictivas e a aplicación de medidas correctivas. 
  •  Fase final: Autonomía da persoa inserta laboralmente   

Emprego con Apio e TIC: 

A Fundación ONCE promove, lidera e financia a Ferramenta EcaTIC, resultado dun proxecto piloto de emprego con apoio e TIC. Tratase de aproveitar as posibilidades TIC, en concreto as tabletas, para desenvoler unha aplicación específica para o Empleo con Apoio. No seguinte vídeo vemos unha presentación desta ferramenta:





O emprego con apoio en Lugo

Feafes (implantada en todo o territorio) e a Asociación BATA de Vilagarcía de Arousa figuran como socias galegas da Asociación Española de Empleo con Apoyo.

Asemade, sen ser socios desta asociación, na cidade de Lugo traballan no ámbito do emprego con colectivos específicos, ademais da propia Feafes, diferentes asociacións e colectivos como:



Para saber mais:





No hay comentarios:

Publicar un comentario